ES / EN
   

NOTICIAS

volver

O conselleiro de Economía e Industria mantén un encontro cos representantes dos clústers empresariais galegos na rolda de contactos para consensuar esta Axenda

16/02/2015
A XUNTA RESALTA A EXCELENCIA E A COOPERACIÓN INTERSECTORIAL DOS CLUSTERS NO IMPULSO DA AXENDA DA COMPETITIVIDADE GALICIA INDUSTRIA 4.0

- A reunión permitiu por en valor o importante papel destas asociacións empresariais no desenvolvemento dun documento clave para o futuro de Galicia na procura dunha industria competitiva, diferenciada e xeradora de emprego
- O coñecemento do entorno dos clusters e a súa posibilidade de cooperación coa administración configúranse como claves fundamentais para reforzar os sectores económicos estratéxicos e impulsar os emerxentes
- O Igape ten concedido apoios por máis de 5 millóns para promover a excelencia e a internacionalización dos clústers galegos

Santiago, 4 de febreiro de 2015.- O conselleiro de Economía e Industria, Francisco Conde, subliñou hoxe, nun encontro mantido cos representantes dos clusters empresariais galegos dentro da rolda de contactos iniciada para consensuar a Axenda da Competitividade Industrial Galicia Industria 4.0, o importante papel que xogan estas asociacións na mellora competitiva do tecido industrial da Comunidade. Así, Conde destacou a súa excelencia e a cooperación intersectorial como chaves para impulsar a mencionada Axenda.

Durante a reunión, que permitiu escoitar e valorar as principais achegas dos clusters, o conselleiro salientou a importancia dun documento clave para o futuro de Galicia, que aspira a configurar unha industria competitiva, diferenciada e xeradora de emprego de calidade. Obxectivos nos que os clusters galegos están chamados a desempeñar un papel fundamental dado o seu coñecemento do entorno empresarial e a posibilidade de cooperación coa administración.

Neste sentido, os clusters configúranse como parte fundamental dunha Axenda que aposta polo equilibrio entre o reforzo dos sectores tradicionais e o impulso dos emerxentes, ademais de pola hibridación multisectorial, que supón a interconexión de sectores distintos na procura de aproveitar as sinerxías entre eles para mellorar a súa competitividade no mercado global. Así trasladouno o conselleiro aos clusters galegos que amosaron a súa conformidade cos contidos do documento e a súa vondade de colaboración ante unhas actuacións que están en liña co que o tecido empresarial necesita.

Neste escenario, a aposta da Consellería de Economía e Industria pasa por seguir apoiando a consolidación de clusters excelentes sobre a base dos dous que xa teñen sido recoñecidos co selo de excelencia Gold Label, o da automoción e o da madeira. Do mesmo xeito, un dos obxectivos do Igape é intensificar o labor de colaboración no seo dos propios clusters e entre diferentes clusters, a nivel internacional e no marco dunha rede cada vez máis ampla.

Para acadar estes obxectivos, a Consellería de Economía e Industria está a apoiar o labor dos clústers galegos destinando, nos últimos dous anos, máis de 5 millóns de euros para promover a súa excelencia e a internacionalización.


Co desenvolvemento da Axenda, explicou o conselleiro, a Xunta aspira a modernizar a industria galega a través da innovación, establecendo novas fórmulas de produción que melloren a súa competitividade, e impulsando a fabricación de produtos diferenciados e de calidade.

O obxectivo é consolidar en Galicia a denominada Industria 4.0, composta por fábricas intelixentes, automatizadas, flexibles, interconectadas, sostibles e sociais, que conta con espazos compartidos entre humanos e máquinas, e outorga máis responsabilidades ás persoas, máis cualificadas e ben formadas, capaces de xestionar eficientemente os novos ámbitos produtivos.

Neste contexto, o conselleiro lembrou que, de cara a promover a actividade industrial, a Axenda está a facilitar xa o acceso a solo industrial, con rebaixas no custo do metro cadrado de ata o 50% para os parques empresarias ubicados nas Zonas Impulsa e para os concellos fronteirizos con Portugal. Ademais, establécese unha rebaixa do 30% no resto de parques salvo os das áreas urbanas, que contarán cun desconto do 15% -Mos, Ponte Candelas, Santiago e Morás-.

http://www.xunta.es/notas-de-prensa/-/nova/0292/xunta-resalta-excelencia-cooperacion-intersectorial-dos-clusters-impulso-axenda




 

 

Cluster del Granito © 2012 |  Centro Tecnológico del Granito Ribeira, S/N, Torneiros. 36410 | O Porriño (Pontevedra)

986 344 043     acg@clustergranito.com
Área privada mapa web | cómo llegar | descargas | enlaces
© Ideaspropias Publicidad
Para las actividades realizadas al amparo
de la ayuda IG193.2016 financiado por: